A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 2 de maio de 2013, resolución pola que se declaran ilegalizables as obras realizadas en solo de núcleo rural tradicional, sen licenza urbanística municipal, consistentes na ampliación dunha segunda planta e cuberta sobre unha edificación destinada a vivenda unifamiliar, no lugar de Casaldálvaro, Valongo, no concello de Cortegada.
Ao non se lles poder realizar a notificación persoal daquela resolución a Elvira Piño Núñez, en calidade de promotora, e a Serena Álvarez Piño, en calidade de herdeira de Mario Álvarez Méndez, que tamén era promotor das obras, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles ás interesadas a dita resolución.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles ás interesadas que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as interesadas poden interpor recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, poden interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste, e lles sirva de notificación ás citadas interesadas en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 22 de maio de 2013
María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística