Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 12 de xuño de 2013 Páx. 22391

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2013 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, trámite ordinario e suxeito a regulación harmonizada, dunha subministración de catorce (14) vehículos de prevención e defensa contra os incendios forestais (proposta 90/12-I), actuación cofinanciada por fondos do Estado nun 50 % dentro do Plan de desenvolvemento rural sustentable (PDRS 2010-2014) eixo 2, infraestruturas e equipamentos básicos (expediente 7/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de catorce (14) vehículos de prevención e defensa contra os incendios forestais (proposta 90/12-I).

c) División por lotes e número: si. Lote nº 1: sete (7) vehículos de 3.000 litros de capacidade mínima para 2 persoas e 3.000 litros de capacidade útil para auga. Lote nº 2: sete (7) vehículos de 2.400 litros de capacidade mínima para 4 persoas e 2.400 litros de capacidade útil para auga.

d) Prazo de execución: os vehículos deberán entregarse dentro dos tres meses seguintes á data de sinatura do contrato, ou no prazo inferior ofertado polo adxudicatario.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 34144210-3.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 1.606.976,00 €; IVE (21 %): 337.464,96 €. Importe total: 1.944.440,96 €. (cuxa distribución por lotes é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares).

Valor estimado: 1.606.976,00 €.

5. Financiamento: fondos propios 50 % e fondos do Estado 50 % dentro do Plan de desenvolvemento rural sustentable (PDRS 2010-2014). Actuación: eixo 2-Infraestruturas e equipamentos básicos.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo o disposto nas letras I e J da carátula.

7. Garantía exixida. Definitiva: lote 1: 40.174,40 €. Lote 2: 40.174,40 €.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 42 (consultas administrativas); 981 54 74 41 e 981 54 60 63 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación de ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18990

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o 3 de xullo de 2013.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do 12 de xullo de 2013.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 5 de xuño de 2013.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2013

P.D. (Orde 30.3.2012, DOG número 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar