Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 12 de xuño de 2013 Páx. 22377

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2013 pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario e procedemento aberto multicriterio, para a adxudicación do contrato non harmonizado das obras de reforma no Complexo Xuvenil As Mariñas, Bergondo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Obras.

b) Número de expediente: 45/2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de reforma no Complexo Xuvenil As Mariñas, Bergondo (A Coruña).

(CPA: 41.00.3), (CPV: 45000000-7).

b) Lugar de execución: Bergondo (A Coruña).

c) Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: douscentos noventa e nove mil novecentos noventa e nove euros con noventa e nove céntimos (299.999,99 €), IVE incluído.

Esta contratación englóbase dentro das actuacións incluídas no Convenio específico asinado o 7 de maio de 2012 entre o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e a Comunidade Autónoma de Galicia, para a execución, seguimento e avaliación das accións incluídas nos plans de zona das súas zonas rurais, publicado por Resolución do 22 de maio de 2012 no Boletín Oficial del Estado (BOE núm. 139, do 11 de xuño).

O eixe, medida e tipo de actuación son os seguintes: 1.20.CA.1-Dotación e mellora de infraestruturas, equipamentos e activos para o turismo rural.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: si (5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído, 12.396,69 €).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Obras da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono:

– Información de índole administrativa: 981 54 46 52 (Mª José Rodríguez Novoa).

– Información de índole técnica: 981 54 72 43 (José Luis López Cousillas).

e) Fax: 981 54 56 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata rematar o prazo de presentación de ofertas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18928

O prego de prescricións técnicas (proxecto) que rexerá esta contratación estará á disposición dos interesados para o seu exame durante o prazo de presentación de ofertas, na copistaría Copy Nino, situada na rúa Feáns, 19, en Santiago de Compostela (teléfono 981 58 89 38).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: ver o punto 17 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares e o punto 3.3 do dito prego.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: vinte e seis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación a presentar: a que figura na cláusula 3 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia deberán reflectilo de forma fidedigna no exterior do sobre A, indicando o número de rexistro asignado.

c) Lugar de presentación:

1) Oficina de rexistro único e información no Complexo Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, de luns a venres, das 9.00 ás 19.00 horas, e os sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

2) As proposicións poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data de imposición do envío, e anuncialo á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar mediante télex, fax ou telegrama, no mesmo día e nun só envío.

Se a documentación se presentase en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida á licitación.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses desde a apertura en acto público.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: a apertura do sobre B terá lugar, en acto público, o sétimo (7) día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

A apertura do sobre C terá lugar, en acto público, o décimo quinto (15) día hábil seguinte ao de remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado, pasará ao seguinte día hábil.

e) No perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18928 publicarase o lugar e hora do acto público de apertura dos sobres B e C, así como calquera posible variación das datas antes indicadas.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2013

P.D. (Artigo 1 da Orde 19.8.2009)
Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar