Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 12 de xuño de 2013 Páx. 22375

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 16 de maio de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2012401TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 19 de abril de 2013, a directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública ditou resolución do expediente sancionador nº 2012401TA-CO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Esteban Liñares Cruces Bar A Pedriña.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e seguindo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Esteban Liñares Cruces Bar A Pedriña o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta dirección xeral, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en Caixa Galicia cta. contable 840, código 001 ou en Caixanova. Recadación Xunta: modelo XTAX, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta dirección xeral. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía executiva.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2013

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Nº expediente: 2012401TA-CO.

Denunciado: Esteban Liñares Cruces Bar A Pedriña.

DNI/CIF: 44836061-E.

Último enderezo coñecido: Amor Ruibal, s/n, Galerías Pontepedriña, 15702 Santiago de Compostela.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 42.e) da Lei 8/2008; artigos 4d); 19.3.n) e 20.1 da Lei 28/2005, do 26 de decembro.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 601 €.