Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 12 de xuño de 2013 Páx. 22381

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o acordo de disolución do Sindicato de Farmacéuticos Titulares de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral recibiuse acta da asemblea xeral extraordinaria do Sindicato de Farmacéuticos Titulares de Galicia, onde se reflicte o acordo de disolución do devandito sindicato, alcanzado segundo establece o artigo 38 dos seus estatutos.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais