Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Mércores, 12 de xuño de 2013 Páx. 22353

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Teo (expediente IN407A 180/2012).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CTC e RBT A Devesa-Feros.

Situación: concello de Teo.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,396 km, con orixe e remate na LMTS SNT-803 entre o CT Feros (expediente IN407A 2/2002) e o CT A Devesa-Sur (expediente IN407A 319/2007) unha vez que entre e saia do CT proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3×(1×240 Al).

– Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 160 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– Rede de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 1,302 km, e condutor RZ, en apoios de formigón con orixe no CT proxectado.

– Rede soterrada de baixa tensión de 0,020 km, en condutor XZ1, coa orixe no CT proxectado e remate na actual rede de BT.

Mediante Resolución do 11 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, sométese a información pública a autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, que foi publicada no DOG do 8.11.2012, no BOP da Coruña do 30.10.2012 e no xornal El Correo Gallego do 24.10.2012.

Durante a fase de información pública presentou alegación o propietario do predio nº 1, único afectado, e con data do 5 de abril de 2013 a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. respondeu á alegación indicando que tras contactar co alegante chegaron a un mutuo acordo, polo que solicitou eliminar da relación de bens e dereitos afectados o predio nº 1.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 9 de maio de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña