Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 11 de xuño de 2013 Páx. 22094

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Illa de Arousa

ANUNCIO de licitación de servizo de axuda a domicilio.

Por acordo da Xunta de Goberno Local, do 25 de abril de 2013, aprobouse o prego de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas que deben rexer a adxudicación por procedemento aberto, mediante a consideración de varios criterios de selección e tramitación ordinaria, do servizo de axuda a domicilio no concello da Illa de Arousa.

Anúnciase a licitación de acordo coas seguintes prescricións:

1. Entidade adxudicadora: Concello da Illa de Arousa.

2. Obxecto do contrato: prestación do servizo de axuda a domicilio no concello da Illa de Arousa.

3. Duración: dous anos desde a formalización do contrato, prorrogable nunha ou sucesivas prórrogas por dous anos máis.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: varios criterios de selección.

5. Tipo de licitación:

– Prezos/hora máximo prestación básica/dependencia.

– Hora ordinaria (luns a sábado): 11,26 euros.

– Hora extraordinaria (domingos e festivos): 13,16 euros.

– IVE (10 % básica/4 % dependencia): o que corresponda.

– Total:

– Importe máximo estimado para cada ano: 35.000,00 euros.

6. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe máximo estimado para cada ano.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello da Illa de Arousa.

b) Domicilio: r/ Palmeira, nº 25.

c) Teléfono: 986 52 70 80.

d) Fax: 986 52 87 00.

8. Requisitos específicos do contratista:

Os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Variantes: non se admiten.

10. Prazo de garantía: tres meses desde a conclusión do contrato, logo de informe favorable dos servizos técnicos municipais.

11. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro do Concello da Illa de Arousa, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e sábados, das 10.00 ás 13.00 horas.

12. Apertura de ofertas: ás 13.00 horas do oitavo día hábil seguinte ao día de remate do prazo de presentación de proposicións, agás sábados, se as circunstancias o permiten.

13. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

A Illa de Arousa, 22 de maio de 2013

José Manuel Vázquez Vázquez
Alcalde