Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 11 de xuño de 2013 Páx. 22097

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteareas

ANUNCIO de licitación do servizo público de retirada e custodia de vehículos da vía pública.

A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o 8 de abril de 2013, acordou aprobar o expediente de contratación e dispor a apertura do procedemento de adxudicación, mediante procedemento aberto en réxime de concesión administrativa, do servizo público de retirada e custodia de vehículos da vía pública.

1. Entidade adxudicadora:

Concello de Ponteareas.

2. Obxecto do contrato, tipo de licitación e prazo de execución.

Obxecto: servizo de retirada e custodia de vehículos da vía pública.

Tipo de licitación: canon máximo/ano 14.520 € (IVE incluído).

Prazo de execución: dous anos.

3. Tramitación.

Ordinaria. Procedemento: aberto.

4. Clasificación empresarial:

Non se exixe.

5. Solvencia económico-financeira:

Os licitadores deberán acreditala por un ou varios medios previstos na cláusula 16.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Solvencia técnico-profesional:

Os licitadores deberán acreditala por un ou varios medios previstos na cláusula 16.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Garantías:

Definitiva do 5 % nos termos da cláusula 13.2. do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Prazo e lugar de presentación de proposicións:

O prazo para a presentación de proposicións é de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da licitación no Diario Oficial de Galicia e no caso de que o último día de presentación coincida en sábado, trasladase ao seguinte día hábil. As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Ponteareas, das 9.00 ás 13.00 horas, ou en calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

9. Forma presentación proposicións:

En tres sobres pechados. Sobre A: documentación. Sobre B: proposta técnica nos termos sinalados na cláusula 17.3.2. do PCAP. Sobre C: proposta económica nos termos sinalados na cláusula 17.3.3. do PCAP.

10. Cualificación de documentación e apertura de plicas:

A mesa de contratación cualificará previamente a documentación presentada no sobre A, en acto non público que terá lugar na casa do concello.

– A continuación, en acto público, no prazo non superior a sete días naturais contados desde o acto anterior de apertura de documentación administrativa, a mesa procedera á apertura do sobre B. Data e hora: fixarase no perfil do contratante http://www.ponteareas.es e no taboleiro municipal.

– A apertura do sobre C efectuarase en acto público (cuxa data e hora se comunicará aos propoñentes mediante fax, teléfono, correo electrónico e/ou perfil do contratante).

– Nos supostos de outorgarse prazo de emneda, de presentarse ofertas por correo ou de requerirse aclaracións, complementos ou informes, os sucesivos actos da mesa terán lugar na data e hora que se sinalen no taboleiro do concello ou no perfil do contratante
http://www.ponteareas.es

11. Criterios de adxudicación do contrato:

Os contidos na cláusula 20 do PCAP.

12. Información:

O prego de cláusulas administrativas particulares e o de prescricións técnicas, están á disposición dos interesados no Departamento de Secretaría Xeral do Concello de Ponteareas. Tamén poderán obter información a través da páxina http://www.ponteareas.es

Enderezo: Xardíns da Xiralda, s/n, Ponteareas, CP 36860. Teléfono 986 64 00 00.

Ponteareas, 9 de abril de 2013

Salvador González Solla
Alcalde