Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 11 de xuño de 2013 Páx. 22100

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Rexistro Mercantil e de Bens Mobles de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento de auditor para 2012 da entidade Raxovercon, S.A.

Neste rexistro mercantil tramítase expediente 13/2013 en que Juan Javier Vidal Malleiro solicitou, de conformidade co artigo 359 do RRM, o nomeamento de auditor para o exercicio 2012 da entidade Raxovercon, S.A.

O 19 de marzo de 2013 notificóuselle á sociedade, no seu domicilio inscrito, rúa Italia, número 37, oficina 7, Monte Porreiro, Pontevedra, e no domicilio indicado na solicitude, rúa Domingo de Andrade, número 1, Pontevedra. As notificacións foron devoltas por Correos como descoñecido e non retirado, respectivamente.

O 9 de abril de 2013 déuselle novamente traslado á sociedade nos citados domicilios. As notificacións foron devoltas por Correos como descoñecido e non retirado, respectivamente.

Para continuar a tramitación do expediente, procédese a notificar a Raxovercon, S.A. conforme o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que poida alegar o que ao seu dereito conveña.

Pontevedra, 13 de maio de 2013

Ana María López Rodríguez
Rexistradora mercantil II