Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 11 de xuño de 2013 Páx. 22091
  1. VI. Anuncios
  2. b) Administración local
  3. Concello da Cañiza
  4. ANUNCIO para a licitación do contrato do servizo de explotación, mantemento e conservación da estación depuradora de augas residuais urbana e da estación depuradora de augas residuais do polígono industrial da Cañiza (expediente C/02/2013).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Concello da Cañiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

- Enderezo: Secretaría. Casa do Concello. Rúa Oriente 11, 36880 A Cañiza.

- Teléfono: 986 65 10 00/1.

- Telefax: 986 65 11 90.

- Correo electrónico: secretaria@caniza.org

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.caniza.org

e) Data límite de obtención de documentación e información: o último día do prazo de presentación de ofertas.

f) Número de expediente: C/02/2013.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: explotación, mantemento e conservación da EDAR urbana (EDARU) e da EDAR do polígono industrial da Cañiza (Edari).

c) División por lotes e número de lotes/unidades: non.

d) Lugar de execución: Concello da Cañiza.

e) Prazo de execución: dous anos.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 90481000-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto (non suxeito a regulación harmonizada).

c) Criterios de adxudicación: prezo e memoria técnica.

4. Prezo de licitación: 179.000 €/dous anos.

5. Garantías exixidas: definitiva (%): 5.

6. Requisitos específicos do contratista: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

7. Presentación de ofertas:

a) Prazo de presentación: quince (15) días desde a publicación do anuncio no BOP, DOG e perfil do contratante.

b) Modalidade de presentación: tres sobres pechados (sobres A, B e C): véxase o PCAP.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello da Cañiza. Rúa Oriente, 11, 36880, A Cañiza (Pontevedra).

8. Apertura de ofertas:

a) Lugar de apertura: Concello da Cañiza. Rúa Oriente, 11, 36880 A Cañiza (Pontevedra).

b) Data e hora: dentro do prazo de dez días hábiles desde o final do prazo de presentación das ofertas.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario (máximo 1.000 €).

10. Outras informacións: véxase o PCAP.

A Cañiza, 27 de maio de 2013

Miguel A. Domínguez Alfonso
Alcalde