Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 11 de xuño de 2013 Páx. 22088

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia a contratación, suxeita a regulación harmonizada, do servizo de limpeza do Hospital Universitario A Coruña, Centro de Atención Primaria e Especializada do Ventorrillo e Lavandaría da Grela, mediante procedemento aberto e adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas e criterios cuxa cuantificación depende de xuízos de valor (AB-EIC1-13-001).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde, Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña. Paseo General Sir John Moore, 2, 1º andar, 15001 A Coruña. Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

b) Correo electrónico: Contratacion.XXIACoruna@sergas.es

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Data límite de obtención de documentación e información: 28.6.2013.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza do Hospital Universitario A Coruña. Centro de Atención Primaria e Especializada do Ventorrillo e Lavandaría da Grela, pertencentes á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) División por lotes e número de lotes: non existen lotes.

d) Lugar de execución/entrega: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses desde a entrada en vigor do contrato.

f) Admisión de prórroga: si. A duración do contrato, engadidas as prórrogas, non superará os 48 meses.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV: 90911200-8.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

a) Criterios de adxudicación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

a) Orzamento sen IVE: 10.915.833,86 €.

b) IVE: 2.292.325,11 €.

c) Importe co IVE: 13.208.158,97 euros.

5. Garantías exixidas:

• Provisional: non.

• Definitiva: si. Cinco por cento do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas o de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 28.6.2013.

b) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro da Xerencia de Xestión Integral da Coruña, Hospital Abente e Lago.

2. Domicilio: Paseo General Sir John Moore, nº 2, 2ª andar.

3. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

c) Admisión de variantes: non se admiten.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o recollido no artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

8. Apertura de ofertas:

a) Dirección: sala de xuntas do Hospital Abente e Lago, planta segunda do edificio da antiga Xerencia de Atención Primaria da Coruña. Paseo General Sir John Moore, nº 2.

b) Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

c) Data e hora: as datas de celebración de apertura do sobre B, relativo a criterios non avaliables de forma automática, e sobre C, relativo a criterios avaliables de forma automática, publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

9. Gastos de publicidade: serán por conta dos adxudicatarios. Véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Data de publicación no Diario Oficial de la Unión Europea do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 7 de decembro de 2012.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 23 de maio de 2013.

A Coruña, 7 de maio de 2013

Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña