Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 11 de xuño de 2013 Páx. 22086

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se renuncia á celebración do contrato administrativo de subministracións tramitado mediante o procedemento MS-CHC1-12-004, que ten por obxeto a adquisición de implantes de traumatoloxía.

1. Antecedentes.

Primeiro. Con data do 23 de xaneiro de 2012, a Xerencia de Xestión Integrada da Coruña acordou iniciar a contratación da adquisición de implantes de traumatoloxía, cun orzamento máximo de licitación de 1.965.312,00 €, S/IVE (2.122.536,96, IVE incluído) e unha duración do contrato de 12 meses prorrogable ata 24.

Segundo. De conformidade co establecido nos artigos 42, 125 e 126 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, procedeuse a convocar a licitación por medio de anuncios no perfil do contratante do Servizo Galego de Saúde, no Diario Oficial de la Unión Europea, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia.

A data límite para a presentación de ofertas finalizou o 27 de agosto de 2012.

2. Exposición de motivos.

Terceiro. Con data do 13 de setembro de 2012 celebrouse a mesa para a apertura do sobre B. Motivado por razóns de interese público imprevistas no momento de preparación e licitación do mencionado contrato na integración funcional de todos os centros sanitarios da Área da Coruña dependentes do Servizo Galego de Saúde, o recuamento da situación económica e as restricións orzamentarias e atendendo ao exposto nos artigos 155 e 210 do TRLCSP, no exercicio das facultades que teño atribuídas pola Orde do 5 de xullo de 2012, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 139, do 20 de xullo).

RESOLVO:

Renunciar á celebración do contrato de subministracións cuxo obxecto é a adquisición de implantes de traumatoloxía, tramitado mediante o noso expediente MS-CHC1-12-004.

A Coruña, 3 de maio de 2013

Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente da Xestión Integrada da Coruña