Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 11 de xuño de 2013 Páx. 22085

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 15 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores LU-4/2005 e 5/2005.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial da consellería.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Área Provincial do IGVS en Lugo, (Edificio Administrativo, sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 15 de maio de 2013

José Mª López Vega
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: E.S.LU-4/2005.

Interesada: Coprosal, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Bolaño Rivadeneira, 2-1º, Lugo.

Acto de notificación: resolución 7ª multa coercitiva.

Expediente: E.S.LU-5/2005.

Interesado: Antonio Sal Silva.

Último enderezo coñecido: rúa Bolaño Rivadeneira, 2-1º, Lugo.

Acto de notificación: resolución 4ª multa coercitiva.