Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 11 de xuño de 2013 Páx. 22084

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 24 de maio de 2013 polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia na citación 15R001/C-LEH-19-2013.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Inspección de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante os servizos centrais do Instituto Galego de Consumo, na avenida Gonzalo Torrente Ballester, 1-5, baixo, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2013

Sol María Vázquez Abeal
Presidenta do Instituto Galego de Consumo

ANEXO

Citación: 15R001/C-LEH-19-2013.

Interesado: Ryanair, S.A.

CIF: rexistrado en Irlanda nº 104547.

Ryanair Ltd. Número de rexistro de IVE: 4749148U.

Acto notificado: citación.