Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 11 de xuño de 2013 Páx. 22017

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4772/2010 RF).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4772/2010-RF.

Xulgado de orixe/autos: demanda 223/2010 Xulgado do Social número 1 de Vigo.

Recorrente: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Avogado: Luis Esteban Leyenda Martínez.

Recorrido/s: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Transchousal, S.L., María Pilar Serantes Otero.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4772/2010-RF desta sección, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Transchousal, S.L., María Pilar Serantes Otero, sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos desestimamos o recurso de suplicación formulado polo letrado Luis Esteban Leyenda Martínez, en nome e representación da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, contra a sentenza de data 26 de maio de 2010 ditada polo Xulgado do Social 1 de Vigo, no procedemento 232/2010, seguido pola súa instancia contra o INSS e a TXSS, a empresa Traschousal, S.L. e María del Pilar Serantes Otero, sobre continxencia de prestacións por morte e supervivencia, confirmando integramente e en todos os seus pronunciamentos a expresada resolución.

Déase aos depósitos e consignacións efectuados en destino legal.

Procédase á devolución e desagregación dos documentos achegados pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (número de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (número de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Transchousal, S.L., con último domicilio coñecido en Monte, Sanguiñeda (Mos), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 21 de maio de 2013

A secretaria xudicial