Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 10 de xuño de 2013 Páx. 21769

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2013 pola que se modifica a Resolución do 25 de abril de 2013 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de realización de actividades de formación no ámbito da Administración da xustiza en Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 70/2013).

Advertidos determinados erros no prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de realización de actividades de formación no ámbito da Administración de xustiza en Galicia, publicado no Diario Oficial de Galicia número 84, do 2 de maio de 2013, procédese á súa corrección.

No título do prego de cláusulas administrativas particulares, onde di:

«Prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de realización de actividades de formación no ámbito da Administración de xustiza en Galicia, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 70/2013)».

Debe dicir:

«Prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de realización de actividades de formación no ámbito da Administración de xustiza en Galicia, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 70/2013)».

Na cláusula C) da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (obxecto do contrato), onde di:

«Nomenclatura:

CPA-2008: 62.02 - Servizos de consultoría informática.

CPV-2008: 72100000-6 - Servizos de consultoría en equipamento informático».

Debe dicir:

«Nomenclatura:

CPA-2008: 85.59.13 - Servizos de formación profesional n.c.o.p.

CPV-2008: 80533100-0 - Servizos de formación informática.

As prestacións derivadas desta contratación son as propias dos contratos de consultoría e asistencia previstos na anterior Lei de contratos das administracións públicas, polo que, para os efectos da clasificación das empresas licitadoras, e malia o requirido no artigo 65 do TRLCSP, na falta de desenvolvemento normativo do citado precepto legal, non resulta posible requirir clasificación dado que non é posible encadralo en ningún dos grupos previstos no artigo 37 e anexo II do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

Tendo en conta o anterior e ao abeiro da disposición transitoria cuarta do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, substituirase a acreditación da clasificación pola acreditación da solvencia como requirimento para concorrer á licitación, segundo se indica na letra N desta folla de especificacións».

Na cláusula G) da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (valor estimado, orzamento de licitación e aplicación orzamentaria), onde di:

«O orzamento máximo autorizado é de 416.400,00 € (catrocentos dezaseis mil catrocentos euros), máis 87.444,00 € (oitenta e sete mil catrocentos corenta e catro euros) que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 503.844,00 € (cincocentos tres mil oitocentos corenta e catro euros), distribuíndose nas seguintes anualidades:

• 2013: 104.100,00 € + IVE (21.861,00 €) = 125.961,00 €.

• 2014: 208.200,00 € + IVE (43.722,00 €) = 251.922,00 €.

• 2015: 104.100,00 € + IVE (21.861,00 €) = 125.961,00 €».

Debe dicir:

«O orzamento máximo autorizado é de 416.400,00 € (catrocentos dezaseis mil catrocentos euros), exento de IVE de acordo co artigo 20.9 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido, distribuíndose nas seguintes anualidades:

• 2013: 104.100,00 €.

• 2014: 208.200,00 €.

• 2015: 104.100,00 €».

Na cláusula N) da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (solvencia e clasificación), onde di:

«Tendo en conta a remisión efectuada pola disposición transitoria cuarta do TRLCSP ao artigo 25 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, así como o orzamento de licitación da presente contratación a empresa ofertante deberá estar en posesión da clasificación de empresa de servizos no grupo V, subgrupo 5, categoría B».

Debe dicir:

«Os licitadores deberán acreditar a súa solvencia de conformidade co disposto a continuación.

Para acreditar a solvencia exixida, o empresario poderá basearse na solvencia e medios doutras entidades, independentemente da natureza xurídica dos vínculos que teña con elas, sempre que demostre, mediante a presentación dun acordo asinado entre as partes, que para a execución do contrato dispón efectivamente deses medios.

Medios de acreditación da solvencia económica e financeira.

De conformidade co disposto no artigo 75.1, letra a) do TRLCSP, acreditarase mediante:

Declaracións axeitadas de entidades financeiras emitidas expresamente para a participación neste procedemento de contratación, ou, se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais. No suposto de presentar o dito seguro, considerarase solvente o licitador que acredite telo subscrito cunha entidade aseguradora por un capital equivalente ao orzamento de licitación.

Medios de acreditación da solvencia técnica.

De conformidade co disposto no artigo 78, letra a) do TRLCSP, acreditarase mediante:

Relación, selada e asinada, dos principais servizos ou traballos realizados nos tres últimos anos que inclúa importe, datas e destinatario, público ou privado. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificacións expedidas ou visadas polo órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante unha certificación expedida por este, ou na falta desta certificación, mediante unha declaración do empresario. Só se terán en conta para os efectos de acreditar a solvencia os servizos ou traballos relacionados co obxecto da presente contratación que aparezan relacionados e respecto dos cales se acheguen certificacións ou declaración do empresario a que se fai referencia neste punto. Reputarase solvente o licitador que realizase nos tres últimos anos cando menos tres servizos ou traballos, que no seu conxunto sumen un importe igual ou superior ao orzamento de licitación desta contratación e que garden relación co obxecto do contrato.

Relación dos servizos ou traballos executados no curso dos tres últimos anos, acompañada de certificados de boa execución ou, se e o caso, declaración do empresario

Denominación e obxecto concreto

Importe

Finalización da execución (día/mes/ano)

Destinatario

O citado período de tres últimos anos abranguerá:

• Respecto do ano 2010, desde o día equivalente ao seguinte ao de finalización do prazo de presentación de proposicións e ata o 31 de decembro.

• Os anos 2011 e 2012 completos.

• E o período transcorrido do ano 2013 ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

Para os efectos da valoración da súa relación ou non co correspondente á presente contratación, deberán estar correctamente identificados os respectivos obxectos dos servizos ou traballos referidos, que deben gardar relación co obxecto do contrato».

A data límite de presentación de ofertas finalizará no prazo de 15 días contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2013

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia