Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 10 de xuño de 2013 Páx. 21762

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 124/2013, interposto por Luis Francisco Núñez Desiré.

Esta consellería recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra decreto polo que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.A. 124/2013, interposto por Luis Francisco Núñez Desiré, en relación coa desestimación da solicitude ao abeiro da sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 24 de outubro de 2012, en relación co recurso contencioso-administrativo interposto polo Consello Galego de Colexios Veterinarios contra o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de febreiro de 2009, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural, publicado no Diario Oficial de Galicia do 26 de febreiro de 2009 (procedemento ordinario 399/2009).

En consecuencia, esta secretaría xeral técnica resolve, de conformidade co disposto no artigo 49 de Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra no prazo de 9 días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2013

Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar