Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Luns, 10 de xuño de 2013 Páx. 21763

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2013, do Servizo de Infraestruturas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación -trámite de urxencia- para a expropiación dos bens e dereitos afectados polo modificado número 2 do proxecto construtivo da conexión do corredor Brión-Noia coa estrada AC-550 en Taramancos (Noia), de clave AC/09/112.01.M2, termo municipal de Noia.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se realizarán con cargo ao Programa 512-B, construción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 24 de setembro de 2009, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para os efectos de expropiación para a mencionada obra polo Decreto 393/2009, publicado no DOG número 202, do 15 de outubro.

Con data do 11 de xaneiro de 2013, procédese á aprobación do modificado número 2 do proxecto construtivo da conexión do corredor Brión-Noia coa estrada AC-550 en Taramancos (Noia), de clave AC/09/112.01.M2, termo municipal de Noia, pola directora da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do Regulamento para a súa aplicación, este servizo, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolve convocar os titulares de bens e dereitos afectados, para que comparezan no lugar, data e hora que se citan para proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Lugar: Casa do Concello de Noia. Día: 1 de xullo de 2013.

Horario: das 10.00 ás 12.30 horas.

De: Abeijón Castro, María a García Gómez, hdros. de Manuela.

Lugar: Casa do Concello de Noia. Día: 2 de xullo de 2013.

Horario: das 10.00 ás 12.30 horas.

De: García Rodríguez, Carmen a País Mariño, Mercedes.

Lugar: Casa do Concello de Noia. Día: 3 de xullo de 2013.

Horario: das 10.00 ás 12.30 horas.

De: Pérez Mayo, hdros. de Agustín a Vidal Pérez, Pedro.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos no Concello de Noia e no Servizo Provincial da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 8º, 15071 A Coruña).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegar os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, e poden ir acompañados, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servizo de Infraestruturas da Coruña, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ao relacionar os bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 21 de maio de 2013

Antonio López Blanco
Xefe do Servizo de Infraestruturas da Coruña