Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 7 de xuño de 2013 Páx. 21464

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cee

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza para ampliación de planta de gas natural licuado.

Gas Galicia SDG, S.A., co CIF A15383284 solicitou a este concello a licenza de obras e a licenza de actividade para a ampliación dunha planta satélite de almacenamento e gasificación de gas natural licuado, mediante a instalación dun depósito de 30 m3 para a subministración a consumos domésticos, comerciais e industrial nos municipios de Cee e Corcubión, situada en Chafarís (A Pereiriña), de Cee. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o devandito expediente ao trámite de información pública por un período de vinte días a partir da publicación do último anuncio, ben no Boletín Oficial da provincia da Coruña ou no Diario Oficial de Galicia, co fin de que poida examinarse o expediente nas oficinas municipais polas persoas que se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e poidan alegar o que consideren oportuno.

Cee, 14 de maio de 2013

Zaira Rodríguez Pérez
Alcaldesa