Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 7 de xuño de 2013 Páx. 21460

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2013 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento negociado con publicidade, dun servizo para a verificación das condicións de subvencionalidade dunha mostra de operacións e gastos financiables polo programa operativo Feder 2007-2013 de Galicia (contrato cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais para a obtención da información:

a) Organismo: Axencia Galega de Innovación.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Administración e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: División de Administración e Contratación.

2) Enderezo: rúa dos Feáns, 7 baixo.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

4) Teléfono: 981 95 70 42 e 981 54 39 86.

5) Fax: 981 54 10 39.

6) Correo electrónico: gain@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://gain.xunta.es/artigos/50/perfil+do+contratante

8) Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación das solicitudes de participación.

d) Numero de expediente: GAIN 2013/2.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo para a verificación das condicións de subvencionalidade dunha mostra de operacións e gastos financiables polo programa operativo Feder 2007-2013 de Galicia.

c) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Prazo de execución/entrega: un ano a partir da data de formalización do contrato.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 79212000-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado con publicidade.

c) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato: 87.500 €.

5. Orzamento de licitación: 105.875 €.

O contrato financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 08.A3.561A.640.0 do orzamento de gastos da Axencia Galega de Innovación para os exercicios 2013 e 2014 de acordo coa seguinte distribución:

Anualidade

Partida

Importe

2013

08.A3.561A.640.0

52.937,50 €

2014

08.A3.561A.640.0

52.937,50 €

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe do orzamento base de licitación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica, financeira, técnica e profesional: deberá acreditarse nos termos especificados na cláusula N da folla de especificacións do PCAP.

c) Outros requisitos específicos: acreditación da non incompatibilidade.

Requirirase unha declaración responsable manifestando non ter realizado traballos de verificación, auditoría e servizos de consultoría que poidan ser incompatibles coas verificacións que hai que realizar. Será incompatible o licitador que tivese realizado os devanditos traballos en relación con operacións e gastos financiables polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

8. Presentación de solicitudes de participación:

a) Data: 10 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio do DOG.

b) Presentación das solicitudes: presentaranse no sobre A cos requisitos sinalados no número 12.2 do PCAP.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: oficina de Rexistro da Axencia Galega de Innovación.

2) Dirección: rúa dos Feáns, 7 baixo.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación no DOG.

10. Outras informacións:

a) Poden obterse os pregos na páxina do perfil do contratante:

http://gain.xunta.es/artigos/50/perfil+do+contratante

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2013

Manuel Antonio Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación