Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 7 de xuño de 2013 Páx. 21465

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública sobre obra de acondicionamento de local destinado á actividade de cervexaría-taparía (expediente 7114/12).

Por instancia de Alberto Cruz García estase a tramitar no Concello de Lalín o expediente para a obtención da licenza de obra para acondicionamento de local con destino á actividade de cervexaría-taparía, na rúa Rosalía de Castro, número 44, baixo, Lalín (Pontevedra), (expediente 7114/13), actividade recollida no Decreto 292/2004, do 18 de novembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 36.b.3. do Real decreto 2816/1982, do 27 de agosto, polo que se aproba o Regulamento de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas, sométese a información pública o expediente mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial de Pontevedra e exposición no taboleiro de anuncios do concello, para que poida ser examinado no Departamento de Urbanismo-Licenzas e se formulen, de ser o caso, alegacións ou reclamacións a el durante o prazo de vinte días, contados desde ao seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lalín, 31 de maio de 2013

Román Rodríguez González
Concelleiro delegado de Urbanismo