Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 7 de xuño de 2013 Páx. 21422

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 22 de maio de 2013, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio da clasificación como veciñal en man común do monte denominado A Cidade, a favor dos veciños de Cristimil e A Torre, na parroquia San de Cibrao de Las, no concello de San Amaro.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 8 de maio de 2013, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Concello: San Amaro.

Denominación do monte: A Cidade.

Comunidade veciñal solicitante: veciños de Cristimil e A Torre, na parroquia de San Cibrao de Las.

Superficie total: 26,33 ha.

A superficie que se vai clasificar, denominada A Cidade, linda polo leste coa parcela denominada Cidade do MVMC San Torcuato 71, Cidade Pequena, Agrelo e Coto Corvelle da CMVMC da parroquia de Ourantes no concello de Punxín.

Segundo informe técnico, nesta superficie intégranse as seguintes áreas:

4,97 ha de xacemento arqueolóxico do castro de San Cibrao de Las.

1,40 ha ocupadas polo Centro de Interpretación Castrexa.

0,78 ha da estrada OU-140.

0,5 ha dunha área recreativa.

Lindeiros: segundo os puntos cardinais e seguindo o sentido das agullas do reloxo no plano do catastro sería:

Norte: polígono 68, parcelas 8, 30, 35, 36, 37, camiño que separa das parcelas 73, 74, 52, 95 e 96, 54, 58, 60, 61, 63, 70, 94, 97, 98, 109, 116, 120, 122, 115, 114, 113, 112, 111, 110, 128, 129, 104, 105, 118, 121, 119, 106, camiño que separa das parcelas 86, 87, 88 e 89, 90, 132, camiño que separa da parcela 825 do polígono 10, 131, 123, 124, 125 e 126; polígono 10, parcelas 821, 816, 815, 813 e 811.

Leste: a parcela 896 do polígono 10 do concello de Punxín, que se corresponde coa parcela denominada Cidade do MVMC San Torcuato 71, Cidade, Cidade Pequena, Agrelo e Coto Corvelle, propiedade da CMVMC da parroquia de Ourantes, no concello de Punxín.

Sur: polígono 67, estrada Ourantes-Las, parcelas 279, 280, 278, 277, 227, 226, 225, 224, 223, 222, 220, 219, 218, 217, estrada Ourantes-Las, 207, 210, 213, 214, 215, 216, 217, 218, 219, 220, 221, 223, 224, 197, 168, 167, 166, 165, 162, 161, 160, 158, 157, 156, 155, 154, 153, 150, 91, 90, 89 e camiño que separa das parcelas 138, 137, 136, 135 e 132.

Oeste: polígono 67, parcelas 132, 131, 130, 55, 50, 49, 48, 47, 46, 53, 52, 43, 51, 38, 37, 36, 35, 34, 33, 31, 30, 28, 27, 24, 305, 23, 22, 21, 20, 19, 18, 17, 16, 15, 13, 6, 5, 4, 3 e 2; polígono 502, camiño asfaltado que separa da parcela 702 do polígono 502, parcela 711, estrada Ourantes-Las; polígono 503, pista asfaltada á Torre que separa das parcelas 216, 217, 218, 219, 220, 221, 222 do polígono 503, camiño desde pista anterior a Cristimil que separa das parcelas 223 e 224 do polígono 503, pista asfaltada a Cristimil, Freás; polígono 68, parcela 8.

Por último, durante a tramitación do expediente, mediante modificación na cartografía de catastro, resulta necesaria aclarar a forma, superficie e titularidade das parcelas que están en parte incluídas no monte que se vai clasificar como veciñal e segundo a seguir se relacionan:

• Extremo da parcela 53 no linde coas parcelas de referencia catastral 32075A06800126 (polígono 68, parcela 126, do concello de San Amaro) e 32066A01000821 (polígono 10, parcela 821, do concello de Punxín).

• A parcela de referencia 32075A06800132 (polígono 68, parcela 132, do concello de San Amaro).

• A parcela de referencia 32075A06700279 (polígono 67, parcela 279, do concello de San Amaro).

• A parcela de referencia 32075A06700051 (polígono 67, parcela 51, do concello de San Amaro).

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes, así como presentar os documentos ou informacións que xulguen oportunos, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 22 de maio de 2013

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense