Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 7 de xuño de 2013 Páx. 21425

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Edicto do 14 de febreiro de 2013, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se resolve o expediente de clasificación do monte Comunais da Granxa, a favor dos veciños da Granxa, parroquia de Vilar de Ordelles, no concello de Esgos.

O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, na súa sesión de 8 de maio de 2013, acordou estimar o recurso de reposición interposto por Ángel Ocón Villalón, contra a Resolución do 14 de febreiro de 2013, pola que se clasificaba como veciñal en man común o monte denominado Comunais da Granxa, no concello de Esgos, en que se declara que a parcela 289 do polígono 9 do devandito concello (referencia catastral 32032 A 9002890000 JG), da que é titular Ángel Ocón Villalón, linda co MVMC Comunais da Granxa, polo seu lado oeste, camiño en medio.

Por todo isto procede realizar a seguinte corrección de erros no anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 44, do 4 de marzo de 2013:

Nos lindes, onde di:

«Oeste. Polígono 9, coas seguintes parcelas: 289 (Ángel Ocón Villalón)…»,

Debe dicir:

«Oeste. Polígono 9, coas seguintes parcelas: 289, camiño en medio (Ángel Ocón Villalón)…».

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.