Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 7 de xuño de 2013 Páx. 21225

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e facer pública a composición do tribunal que deberá elaborar, supervisar e avaliar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2012/13 e se ditan instrucións para a realización das probas correspondentes.

De conformidade co establecido no artigo 9 e na disposición derradeira primeira da Orde do 22 de abril do 2013, pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2012/13 (DOG do 30),

DISPOÑO:

Primeiro. Designar os membros do tribunal que deberá elaborar, supervisar e avaliar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo I desta resolución.

Segundo. Fixar a data, horario, lugares de realización das probas e condicións de presentación dos candidatos ou candidatas.

1. As probas celebraranse o día 27 de xuño de 2013 de acordo co seguinte horario:

– Presentación dos candidatos ou candidatas ás 9.30 horas.

– Primeira parte da proba das 10.15 ás 12.15 horas.

– Segunda parte da proba das 12.45 ás 13.45 horas.

2. Centros en que se realizarán as probas.

Provincia da Coruña:

– IES Plurilingüe Elviña, rúa San José de Calasanz, nº 6, A Coruña.

Provincia de Lugo:

– IES Sanxillao, avenida das Fontiñas, nº 171, Lugo.

Provincia de Ourense:

– IES Ramón Otero Pedrayo, rúa Padre Feixoo, nº 19, Ourense.

Provincia de Pontevedra:

– IES Sánchez Cantón, avenida Raíña Victoria, Pontevedra.

3. Presentación dos candidatos e candidatas.

a) Os candidatos e candidatas deberán realizar as probas, con carácter xeral, na provincia a que pertenza o centro educativo en que se atope o seu expediente académico. A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá autorizar cambios de sede por causas debidamente xustificadas.

b) Para a realización das probas os candidatos e candidatas acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2013

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO I

Tribunal:

Presidenta: M. Carmen Cimadevila Cea, subdirectora xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo por delegación do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Vogais:

• Manuel Avelino Insua Hermo, xefe do Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo.

• Berta Estrada Arias, inspectora de educación.

• Samuel Lago Fernández, inspector de educación.

• José Ramón Pereiró Rodríguez, inspector de educación.

• Jaime Santoalla Varela, inspector de educación.

• Isabel Serna Masiá, inspectora de educación.

Secretaria: Guadalupe Martínez Rivas, funcionaria da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.