Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Venres, 7 de xuño de 2013 Páx. 21224

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 18 de febreiro de 2013 pola que se convocan os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2012 nas universidades do Sistema Universitario de Galicia.

Advertido erro na orde indicada, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 43, do 1 de marzo de 2013, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 6027, artigo 3. Contía, onde di: «Concederáselle un premio, en concorrencia competitiva, por cada unha das distintas ensinanzas universitarias oficiais impartidas no Sistema Universitario de Galicia conducentes aos títulos LRU (licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico) ou aos seus equivalentes de grao que os substitúan (véxase táboa de equivalencias adherida a esta orde) ao alumno ou alumna con mellor expediente académico de entre os que se inscriban mediante a instancia formulada segundo o modelo que se inclúe como anexo I a esta orde.

Os solicitantes que resulten premiados recibirán:

• Unha contribución en metálico de 2.500 euros.

• Un diploma acreditativo desta distinción.».

Debe dicir: «Concederáselle un premio, en concorrencia competitiva, por cada unha das distintas ensinanzas universitarias oficiais impartidas no Sistema Universitario de Galicia conducentes aos títulos LRU (licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico) ou aos seus equivalentes de grao que os substitúan (véxase táboa de equivalencias adherida a esta orde) ao alumno ou alumna con mellor expediente académico de entre os que se inscriban mediante a instancia formulada segundo o modelo que se inclúe como anexo I a esta orde.

Os solicitantes que resulten premiados recibirán:

• Unha contribución en metálico de 2.500 euros, como máximo.

• Un diploma acreditativo desta distinción.».