Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 6 de xuño de 2013 Páx. 20954

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 20 de maio de 2013 de emprazamento para o trámite de audiencia no expediente IU2/50/2012, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.9 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), publícase a notificación de emprazamento para o trámite de audiencia a Ana Isabel García Castro e Diego Domínguez, no expediente IU2/50/2012, en relación co recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 6 de marzo de 2013, da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en relación coas obras executadas en solo rústico, consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar illada e unha canceira no lugar de Aboi, parroquia de Santo André de Cesar, no termo municipal de Caldas de Reis, provincia de Pontevedra.

O expediente mencionado está á disposición dos interesados nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, para presentaren as alegacións que xulguen procedentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística