Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 6 de xuño de 2013 Páx. 20955

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 21 de maio de 2013 pola que se notifica a resolución de procedemento administrativo sancionador do expediente 13-30-13-04.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao denunciado cuxos datos persoais e último domicilio coñecido no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción da Lei 2/2011, do 5 de setembro (BOE nº 253, do 20 de outubro), de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 39.1º a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG nº 146, do 1 de agosto), é o director do ente público.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (artigo 107 en relación co artigo 114 da Lei 30/1992). O prazo para a súa interposición será dun mes (artigo 115 da Lei 30/1992).

Transcorrido o dito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e poderá facerse efectivo en período voluntario o importe da sanción, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE nº 302, do 18 de decembro), mediante ingreso empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia. De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.

E para que conste e sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2013

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Denunciante

Denunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto
infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 13-30-13-04

Garda Civil

Enrique Bouzón Martínez

Avda. de Ourense, 43, 4º B, 36900 Marín (Pontevedra)

Ocupación non autorizada.

16.7.2012; 2.00 horas; A Guarda (Pontevedra)

Artigo 306.1.a) da Lei 2/2011

Artigo 58 da Orde ministerial do 12.6.1976

Artigo 306.1.a) da Lei 2/2011

90,15 €