Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 5 de xuño de 2013 Páx. 20610

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

ANUNCIO de información pública sobre hotel de praia de tres estrelas no Serrallo (Viladesuso).

Lorena González Portela solicitou licenza municipal de actividade para a construción dun hotel de praia de 3 estrelas no lugar do Serrallo, na parroquia de Viladesuso, neste termo municipal. A dita edificación ten unha superficie total construída de 1.158,01 m2. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días, co fin de que durante este, que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello de Oia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Oia, 3 de maio de 2013

Alejandro Rodríguez Rodríguez
Alcalde presidente