Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 5 de xuño de 2013 Páx. 20609

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mugardos

ANUNCIO polo que se fai pública a aprobación inicial do estudo de detalle dun tramo da fronte marítima do peirao de Mugardos.

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 4 de abril de 2013, aprobou inicialmente o estudo de detalle dun tramo da fronte marítima do peirao de Mugardos, promovido polo Concello de Mugardos, texto refundido de marzo de 2012, redactado polos arquitecto Miguel A. Abad Blanco e Antonio Deus Álvarez.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para os efectos de que durante o prazo de vinte (20) días, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poidan formular as reclamacións e alegacións que se consideren pertinentes.

Suspensión de licenzas.

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 4 de abril de 2013, acordou a suspensión de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición para as áreas determinadas no dito estudo de detalle. O que se fai público en cumprimento do artigo 77 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Mugardos, 8 de abril de 2013

Xosé Fernández Barcia
Alcalde