Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 5 de xuño de 2013 Páx. 20608

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Forcarei

ANUNCIO de licitación do servizo de axuda no fogar.

– Obxecto.

Descrición do obxecto: prestación do servizo de axuda no fogar.

– Orzamento.

Prezos/hora máximo prestación básica/dependentes.

Hora ordinaria (luns a sábado): 10,92 €.

Hora extraordinaria (domingos e festivos): 12,48 €.

IVA (10 % básica /4 % dependencia): o que corresponda.

Total:

Importe máximo estimado para cada ano: 116.452,64 €.

– Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o equivalente ao 5 % do prezo de adxudicación.

– Información: Concello de Forcarei (Secretaría).

– Proposicións: poderanse presentar no Concello de Forcarei ata as 14.00 horas, dentro do prazo de trece (13) días naturais contados a partir do seguinte ao da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

– Anuncio extenso: BOP de Pontevedra.

– Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Forcarei, 30 de maio de 2013

Belén Cachafeiro Anta
Alcaldesa