Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 5 de xuño de 2013 Páx. 20611

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadavia

ANUNCIO de información pública sobre adega de colleiteiro en Santo André.

Eduvigis González Pernas, en representación de Adega Dona Elisa, S.L., solicitou nesta alcaldía licenza municipal para adega de colleiteiro, na estrada Ribadavia-O Carballiño 110, en Santo André. En cumprimento do disposto polo punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría do concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as observacións que xulguen oportunas.

Ribadavia, 19 de abril de 2013

Marcos Blanco Jorge
Alcalde