Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 5 de xuño de 2013 Páx. 20437

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 18 de marzo de 2013 pola que se aproban os criterios xerais do Plan xeral de control tributario 2013.

Advertido erro na dita resolución, na versión en galego, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 66, do 5 de abril de 2013, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 10054, terceiro parágrafo, último inciso, onde di:

«Neste sentido, seguirase afondando no desenvolvemento de aplicacións informáticas que combinen ambas as dúas fontes de información e permitan, dun xeito automatizado, detectar con fiabilidade os supostos de incumprimentos tributarios, mediante unha selección axeitada de contribuíntes, para mellorar desta forma a eficiencia na acción comprobadora...» Debe dicir: «Neste sentido, seguirase afondando no desenvolvemento de aplicacións informáticas que permitan, dun xeito automatizado, detectar con fiabilidade os supostos de incumprimentos tributarios, mediante unha selección adecuada de contribuíntes, para mellorar desta forma a eficiencia na acción comprobadora».