Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 5 de xuño de 2013 Páx. 20435

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2013 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta axencia no primeiro cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

Dispoño:

Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas no primeiro cuadrimestre do ano 2013, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2013

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas
no primeiro cuadrimestre do ano 2013

Convenio

Importe total
do convenio (€)

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello das Neves para a urbanización da circunvalación das Neves.

116.664,89

11.4.2013

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Trabada para a reconstrución das pontes da Acernada, do Souto 1 e do Bizarro.

97.849,17

15.4.2013

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e a Deputación de Ourense para a mellora de firme na OU-0514, vía principal do polígono de San Cibrao das Viñas, do p.q. 2+800 ao p.q. 3+310, no termo municipal de San Cibrao das Viñas.

120.000,00

16.4.2013

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Salvaterra de Miño para o acondicionamento do paso inferior na PO-403, p.q. 6+450 Salvaterra-Ponteareas en Raña-Fornelos.

112.207,32

16.4.2013

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Cangas do Morrazo para o arranxo e posta a punto das instalacións semafóricas da estrada PO-551 ao seu paso polo termo municipal.

45.000,00

16.4.2013

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Trabada para a reparación dos danos ocasionados pola climatoloxía adversa nunha estrada municipal na parroquia de Vidal (Trabada).

6.812,30

19.4.2013

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Lourenzá para a mellora do acceso ao colexio público Juan Rey desde a estrada LU-122.

60.500,00

23.4.2013

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Pantón para a reparación de diversas vías do concello.

96.881,37

29.4.2013