Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 5 de xuño de 2013 Páx. 20433

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2013, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría no primeiro cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG número 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.

Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral para o Deporte durante o primeiro cuadrimestre do ano 2013, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2013

Por desconcentración (Decreto 325/2009)
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO

Data sinatura

Descrición

Importe total

15.1.2013

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Escola Galega de Administración Pública e o Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

25.3.2013

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Pantón (Lugo) para o Acondicionamento do sistema de rega e resementeira do céspede do campo de fútbol de Pantón

25.000,00 €

2.4.2013

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello da Guarda (Pontevedra) para as obras da reparación da estrutura do pavillón municipal da Sangriña na Guarda

27.214,11 €

15.4.2013

Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra para o remate da obra de construción do campo de fútbol de Pasarón

53.867,00 €

24.4.2013

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Cerdedo (Pontevedra) para reparación da cuberta do polideportivo de Cerdedo

25.000,00 €

26.4.2013

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Portomarín (Lugo) para levar a cabo a obra necesaria para instalar o sistema de depuración das piscinas municipais de Portomarín

58.360,44 €