Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Mércores, 5 de xuño de 2013 Páx. 20438

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2013 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos pola Axencia Turismo de Galicia no primeiro cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios de colaboración subscritos pola Axencia Turismo de Galicia, nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2013, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2013

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO

Convenio

Importe €

Data sinatura

Convenio de colaboración coa Fundación Semana Verde de Galicia para o apoio ao Salón Turístico de Galicia TUREXPO 2013.

146.150 €

19.2.2013

Convenio de colaboración coa Fundación Feiras e Exposicións de Ourense para a celebración do 14º Salón Galego de Gastronomía e Turismo, Xantar 2013.

30.000 €

28.2.2013

Convenio de colaboración co Concello de Baiona para a celebración da Festa da Arribada da Carabela Pinta 2013.

17.000 €

28.2.2013

Protocolo de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Ferrol para a celebración da Semana Santa 2013.

8.3.2013

Convenio de colaboración co Concello de Lalín para a celebración da XIX Gala de Gastronomía de Galicia.

20.000 €

16.4.2013

Convenio de colaboración co Concello de Verín para a celebración do Entroido.

10.000 €

29.4.2013

Convenio de colaboración coa Universidade de Vigo para o desenvolvemento do máster universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde.

20.000 €

29.4.2013

Convenio colaboración coa Universidade da Coruña para o desenvolvemento do máster universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos.

20.000 €

29.4.2013

Convenio de colaboración co Concello de Xinzo de Limia para a celebración do Entroido.

10.000 €

29.4.2013

Convenio de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do máster universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas.

20.000 €

29.4.2013