Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 4 de xuño de 2013 Páx. 20410

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outeiro de Rei

ANUNCIO de información pública sobre obras de construción de nave para almacén de produtos alimentarios envasados, no parque empresarial deste concello.

José Pardo Lombao, alcalde presidente do Concello de Outeiro de Rei, no exercicio das competencias que me atribúe o artigo 21.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, expoño que Luis Villar Álvarez en representación da empresa Distribuciones La Muralla, S.C., solicita licenza para a realización das obras de construción de nave para almacén de produtos alimentarios envasados na parcela 1.3.1B situada no sector CC1-1ª fase do parque empresarial de Outeiro de Rei.

De conformidade co previsto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula o procedemento de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de 20 días hábiles, co fin de que quen o desexe poida examinar o expediente, na Secretaría deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que considere oportunas.

Outeiro de Rei, 27 de maio de 2013

José Pardo Lombao
Alcalde