Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 4 de xuño de 2013 Páx. 20409

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO de información pública sobre instalación de silos trincheira na parroquia de Santa Cruz de Parga (expediente 1990/2013).

SAT Tendeiro, Sociedade Agraria de Transformación, solicitou licenza municipal de actividade sometida a avaliación de incidencia ambiental de conformidade co Decreto 133/2008, do 12 de xuño.

A actividade para a cal solicita licenza identifícase co rexistro de entrada nº 1990/2013, para proxecto de instalación de silos trincheira segundo proxecto asinado pola arquitecta, Mª Ángeles Miraz Vázquez, na parroquia de Santa Cruz de Parga, polígono 384, parcela 7 do concello de Guitiriz.

De acordo co disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría Xeral, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretendan instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

O prazo de exposición pública computarase desde a última das publicacións oficiais sinaladas.

Guitiriz, 28 de maio de 2013

Xosé María Teixido Núñez
Alcalde