Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 4 de xuño de 2013 Páx. 20407

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Carballiño

ANUNCIO de licitación para a contratación do servizo de limpeza de edificios municipais.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello do Carballiño.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Concello do Carballiño.

2) Domicilio: praza Maior, 1.

3) Localidade e código postal: 32500 O Carballiño.

4) Teléfono: 988 53 00 07.

5) Telefax: 988 53 00 08.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato suxeito a procedemento aberto.

b) Descrición: contrato de servizos para a realización dos traballos de limpeza de edificios municipais.

c) Prazo de execución/entrega: dous anos, prorrogable un ano.

d) Tramitación: ordinaria.

e) Procedemento: aberto.

3. Orzamento base de licitación.

a) Importe total (dous anos): 119.008,26 €, máis o 21 % de IVE, que ascende á cantidade de 24.991,74 €, o que fai un total de 144.000,00 €

4. Garantías eximidas. Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

5. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): U, 1, b.

6. Presentación de ofertas.

a) Prazo de presentación: quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, no DOG ou no perfil do contratante do Concello do Carballiño.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral de Entrada de documentación do Concello do Carballiño ou por calquera dos medios que se establecen no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

c) Admisión de variantes: admítense melloras ofertadas polo contratista.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a oferta: dous meses.

7. Apertura de ofertas: Concello do Carballiño.

a) Data e hora: o terceiro día hábil a aquel en que remate o prazo sinalado para a presentación de proposicións, ás 10.00 horas.

8. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

O Carballiño, 17 de maio de 2013

Argimiro Marnotes Fernández
Alcalde