Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 4 de xuño de 2013 Páx. 20406

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambados

ANUNCIO de información pública sobre modernización e mellora tecnolóxica en piscifactoría existente para cría intensiva de linguado na parroquia de Castrelo.

Aquacria Arousa, S.L. solicita licenza municipal para modernización e mellora tecnolóxica en piscifactoría existente para cría intensiva de linguado, sita en Bico da Ran, lugar do Couto de Abaixo, parroquia de Castrelo.

O que se fai público, polo prazo de 20 días, de conformidade co establecido Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental.

Cambados, 9 de maio de 2013

Luis Aragunde Aragunde
Alcalde