Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 4 de xuño de 2013 Páx. 20411

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteareas

ANUNCIO sobre diversos acordos da Xunta de Goberno Local.

A Xunta de Goberno Local, en sesión do 22 de abril de 2013, acordou anular o expediente de contratación aprobado pola Xunta de Goberno Local do 18 de marzo de 2013 (FOD.1) referido ao contrato de subministración de combustible de automoción dos vehículos do parque móbil do Concello de Ponteareas e subministración de combustible para calefacción dos edificios municipais, coa consecuente paralización do dito procedemento publicado no BOP do 16 de abril de 2013.

Así mesmo, na sesión celebrada pola Xunta de Goberno Local do 22 de abril de 2013 acordouse aprobar un novo expediente de contratación e dispor a apertura do procedemento de adxudicación, mediante procedemento aberto, tramitación urxente, oferta economicamente máis vantaxosa, único criterio de adxudicación ao prezo máis baixo, para a adxudicación do contrato de subministración de combustible de automoción dos vehículos do parque móbil do Concello de Ponteareas e subministración de combustible para calefacción dos edificios municipais.

1. Entidade adxudicadora:

Concello de Ponteareas.

2. Obxeto do contrato, tipo de licitación e prazo de execución:

A subministración de combustible de automoción dos vehículos do parque móbil municipal do Concello de Ponteareas e subministración de combustible para calefacción dos edificios municipais.

Prezo máis baixo por litro de combustible (gasolina normal e mestura, gasóleo, gasolina sen chumbo 98 e 95, e combustible para a calefacción).

Duración do contrato: dous anos, sen posibilidade de prórroga.

3. Tramitación:

Urxente; procedemento: aberto.

4. Clasificación empresarial:

Non se exixe.

5. Solvencia económica e financeira:

Os licitadores terán que acreditala por un ou varios medios previstos na cláusula 6.3.1 (alíneas a, b, c) do prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

6. Solvencia técnica e profesional:

Os licitadores terán que acreditala por un ou varios medios previstos na cláusula 6.3.2. do prego de cláusulas económico-administrativas particulares (alíneas a, b, c, d).

7. Garantías:

Definitiva do 5 % nos termos da cláusula 14 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Prazo e lugar de presentación de proposicións:

O prazo para presentación de proposicións é de trece días hábiles,contados a partir do último anuncio publicado (DOG, BOP ou perfil do contratante). As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Ponteareas das 10.00 ás 13.00 horas ou en calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

9. Forma de presentación de proposicións:

En dous sobres pechados: sobre A: documentación administrativa. Sobre B: proposición económica, nos termos sinalados na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Cualificación de documentación e apertura de plicas:

A mesa de contratación cualificará previamente a documentación presentada no sobre A, en acto non público que terá lugar na casa do concello o terceiro día hábil seguinte ao do último día de presentación de plicas. Para os efectos de celebración, o sábado considerarase inhábil.

– A continuación do acto anterior, en acto público, no lugar, día e hora fixados no perfil do contratante http://www.ponteareas.es ou no taboleiro municipal, procederá a mesa á apertura do sobre B.

– Nos supostos de outorgarse prazo de emenda, de presentarse ofertas por correo ou de requirirse aclaracións, complementos e emendas da documentación presentada ou informes, os sucesivos actos da mesa terán lugar no lugar e día que se sinale no taboleiro municipal do concello ou no perfil do contratante http://www.ponteareas.es.

11. Criterio de adxudicación do contrato:

Prezo máis baixo por litro de combustible, de conformidade coa cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Información:

O prego de cláusulas administrativas particulares e o de prescricións técnicas, están á disposición dos interesados no Departamento de Secretaría Xeral do Concello de Ponteareas. Tamén poderán obter información a través da páxina http://www.ponteareas.es

Enderezo: Xardíns da Xiralda, s/n. Ponteareas. CP 36860. Tfno: 986 64 00 00.

Ponteareas, 30 de abril de 2013

Salvador González Solla
Alcalde