Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 4 de xuño de 2013 Páx. 20310

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5070/2010).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 5070/2010 desta Sección, seguido por instancia de Promociones Gragomeca, S.L. contra Fogasa, Áridos de Villagarcía, S.L., Rosana Rodríguez Eiras, Prefabricados Vimeca, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos que estimando o recurso de suplicación interposto pola empresa Promociones Gromeca, S.L. contra a sentenza do 19 de xullo de 2010, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, e con revogación parcial da súa resolución, absolvemos a demandada recorrente dos pedimentos contidos na demanda.

Déaselle ao depósito constituído para recorrer o destino legal.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírtese as partes en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lles efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lles sirva de notificación ás empresas Áridos de Villagarcía, S.L. e Prefabricados Vimeca, S.L., ambas con último domicilio coñecido en Pusadoiro, Cea (Vilagarcía de Arousa), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 8 de maio de 2013

A secretaria xudicial