Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Martes, 4 de xuño de 2013 Páx. 20349

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Padrón (expediente IN407A 288/2007).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado 2 LMTS, CT, RBTA Estramundi de Arriba.

Situación: concello de Padrón.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,500 km, con orixe na cela de liña existente do CT Pedreira II (expediente IN407A 2006/476) correspondente á LMT PAD-805, con condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240) mm² Al, e final no CT Estramundi de Arriba proxectado.

Centro de transformación (CT) prefabricado de potencia de 250 kVA e relación de transformación de 20/0,40-0,23 kV.

Rede de baixa tensión subterránea (RBTS), cunha lonxitude de 1,540 km, con orixe no CT proxectado e no paso aero-subterráneo no apoio nº 62 proxectado, con condutor tipo XZ1-0,6/1 kV-4(1×240) mm² Al.

Rede de baixa tensión aérea (RBTA), cunha lonxitude de 1,108 km, con orixe nos pasos aero-subterráneos nos apoios nº 2, 21, 27, 32, 44, 56, 62 e 63 proxectados, con condutores tipo RZ, e sobre apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 8 de maio de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña