Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 20090

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1034/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 1034/11 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ricardo Seoane Boto contra a empresa MC Mutual, Instituto Nacional da Seguridade Social e Empresa José Eugenio Campillo Veiga, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Parte dispositiva:

Acórdase corrixir o erro mecanográfico cometido no auto do 25 de marzo de 2013 e, polo tanto, a data que debe constar no fundamento xurídico segundo da sentenza é a do «11.8.2011».

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta é firme.

E para que sirva de notificación en legal forma a Empresa José Eugenio Campillo Veiga, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de maio de 2013

A secretaria xudicial