Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 20091

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (702/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 702/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Loureiro Golán contra a empresa Construcciones Santiago Rey Rodríguez, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte sentenza:

«Ditame

Primeiro. Que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por Jesús Loureiro Golán, que comparece asistido do letrado Sr. Rodríguez Amoroso, contra a empresa Construcciones Santiago Rey Rodríguez, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, e o Fogasa, que non comparece ao acto do xuízo, e declaro a improcedencia do despedimento con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo deste ditame. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo, sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

Segundo. A indemnización e os salarios de tramitación a aboar pola empresa demandada Construcciones Santiago Rey Rodríguez, S.L., segundo o disposto no número anterior:

En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: 34.079,16 euros.

En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e que ata a presente sentenza, calculados a razón de 45,28 euros/día.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento. Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa correspondente legalmente establecida.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Montserrat Matos Salgado, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Santiago Rey Rodríguez, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 13 de maio de 2013

A secretaria xudicial