Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 20034

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 16 de maio de 2013 pola que se outorgan nomeamentos de notarias e notarios para as notarías vacantes que se citan.

O nomeamento dos notarios que teñan que exercer no territorio de Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso ordinario convocado pola resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 11 de marzo de 2013 e resolto pola Resolución do 25 de abril de 2013, e de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial, co Decreto da Xunta de Galicia 72/2013, do 25 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear as notarias e notarios que no anexo se relacionan para prover as notarías vacantes radicadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2013

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

– María José Gil Caballero, notaria de Betanzos, para a notaría da Coruña.

– Mónica María Jurjo García, notaria de Betanzos, para a notaría da Coruña.

– José Luis Espinosa de Soto, notario de Moaña, para a notaría de Vigo.

– Manuel Mariño Vila, notario de Vilafranca del Penedés, para a notaría da Coruña.

– Jorge Ron Latas, notario de Viveiro, para a notaría de Redondela.

– Ana María Losada Fernández, notaria de Sarria, para a notaría de Becerreá.

– Julián Rodicio Rodicio, notario de Ferrol, para a notaría de Porto do Son.

– Laura Olmo Blázquez, notaria de Esporles, para a notaría de Muros.