Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 20035

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2013, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos, pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 21 de maio de 2013, o tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos, convocado pola Orde do 27 de xullo de 2011 (DOG núm. 144, do 28 de xullo), acordou:

Primeiro. Publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, os aspirantes dispoñen dun prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta relación de aprobados, para presentar a documentación prevista nas letras a), b) e c da citada base e, se for o caso, a indicada na base IV.4. da convocatoria.

Segundo. Elevar a devandita relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que os aspirantes que figuran nela sexan propostos para o seu nomeamento como funcionarios de carreira.

Terceiro. Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2013

Gerardo Pallarés Sánchez
Presidente do tribunal

ANEXO

Acceso libre

Núm.

DNI

Apelidos e nome

Base I.1.3

1º ex.

2º ex.

3º ex.

4º ex.

Total

1

78799042F

Curros Bermúdez, Rubén

14,05

12,26

15,88

Exento

42,19

2

33537219E

Carreira Carral, Rocío

12,70

12,17

11,19

Exenta

36,06

3

32837223P

Tobío Boquete, José Manuel

12,29

11,80

11,90

Exento

35,99

4

32664988C

Vidal Herrador, Juan

10,00

11,30

10,01

Exento

31,31