Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 20037

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 10 de maio de 2013 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na entidade pública empresarial Augas de Galicia, anunciada pola Orde do 18 de marzo de 2013.

Unha vez convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na entidade pública empresarial Augas de Galicia, mediante a Orde do 18 de marzo de 2013 (Diario Oficial de Galicia nº 66, do 5 de abril), de conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do referido decreto lexislativo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na entidade pública empresarial Augas de Galicia, anunciada pola Orde do 18 de marzo de 2013 (Diario Oficial de Galicia nº 66, do 5 de abril).

Segundo. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, e seleccionar a funcionaria que se relaciona no anexo da presente orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente a funcionaria preste servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base séptima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, lle fosen concedidas á interesada. Nos supostos de baixa por incapacidade temporal, iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. A xefatura do centro en que cause baixa o funcionario, así como a daquel en que obteña destino, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2013

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Apelidos e nome: Ibeas Rollán, Pilar Mercedes.

NRP: 1313058457 A2060.

Grupo: A1.

Corpo/escala: superior de administración da Xunta de Galicia.

Código do posto: MA.A01.00.000.15770.001.

Denominación do posto: secretario/a xeral.

Centro de destino: Secretaría Xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nivel: 30.