Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 20125

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Castro de Rei (expediente IN407A 2013/14-2, 8097 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: centro de repartición para servizos auxiliares de Ludrio.

Situación: concello de Castro de Rei.

Características técnicas:

Centro de repartición en edificio prefabricado tipo PFU-5, dividido en dúas zonas, unha zona de compañía propiedade de BEGASA, na cal se instalan dúas celas de interruptor, unha de protección e unha de liña. E unha zona de abonado propiedade de Eon Distribución, S.L. (non é obxecto deste proxecto).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 20 de maio de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo