Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 20123

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Mesía (expediente IN407A 2012/227-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Cooperativa Cova de Vales, S.C.C.

Domicilio social: Cabrui, 15685 Mesía.

Denominación: cambio entroncamento LMT a CT Cooperativa Cova de Vales.

Situación: Cabrui, Mesía

Características técnicas: liña de MT aérea a 15 kV de 25 m de lonxitude, cable LA-30, con orixe en apoio existente da LMT CES707 Visantoña 7 e remate en apoio proxectado na LMT ao CT da cooperativa.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.

A Coruña, 9 de maio de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña