Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 20121

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica LMT, CT, RBT Dacón II, no concello de Maside (expediente IN407A 2013/29-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT, CT, RBT Dacón II.

Situación: Maside.

Descricións técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 400 m con condutor RHZ1, e orixe no paso aéreo a subterráneo no apoio CNO807 da L.M.T. existente, e remate no CT proxectado con envolvente de formigón Dacón II, de 250 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

RBT aero-subterránea a 20 kV de 780 m en aéreo con condutor RZ e 548 m en subterráneo con condutor XZ1, derivada do CT existente Dacón (32A130).

RBT aero-subterránea a 20 kV de 630 m en aéreo con condutor RZ e 384 m en subterráneo con condutor RZ, derivada do CT proxectado Dacón II.

Orzamento: 137.170,36 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 9 de maio de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense